Como podo aforrar en calefacción?
O frío xa empezou e coa baixada de temperaturas, as persoas pasan moito máis tempo nos seus fogares, debido a isto, aumenta o gasto en calefacción.
É por isto que debemos de facer un uso responsable do noso sistema de calefacción e asegurarnos de manter a nosa caldeira de pellets en perfecto estado, así reduciremos gastos e evitaremos futuros danos na nosa caldeira.
Axustar correctamente a temperatura para manter unha temperatura de confort razoable. Aconsellámosche manter unha temperatura entre os 20 – 23º durante o día, e 15-17º durante a noite. Fóra destes intervalos, considérase que, por cada grao de máis, o gasto enerxético crece de media un 7%.
É un gasto innecesario manter acendida a calefacción se non hai ninguén en casa. Recomendámosche que apague a calefacción nos períodos nos que non esteas na casa durante moito tempo. Para optimizar o uso da calefacción e poder acender a calefacción antes da chegada a casa, o mellor aliado será un termostato programable. Algunhas caldeiras de pellets como as de ÖkoFEN, permiten programar as horas de aceso e apagado da calefacción.
Case un terzo da calor que se perde no fogar é a través das paredes e xanelas. Coloca un adecuado illamento no interior do teu fogar, así reducirás o consumo de calefacción ata un 15%. Outra opción para reducir o consumo, é permitir que entre a maior cantidade de luz solar durante o día e durante a noite, asegurarnos de que as persianas e xanelas estean complemente pechadas para evitar que se escape a calor. Estas dúas accións axudarán a manter a calor na vivenda.
A caldeira de pellets, como calquera outro artefacto do fogar, está sometida ao desgaste polo paso do tempo. Por iso, é conveniente levar a cabo revisións polo menos unha vez ao ano para comprobar se se atopa en bo estado e detectar avarías que estean a pasar inadvertidas. Tamén, recoméndase usar un pellet de calidade que non se apelmacen e obstruyan a caldeira. En Lignus atoparás pellets coa certificaión EN PLUS A1, que garanten a calidade dos nosos pellets de maderira, ademais fabricamos os nosos pellets con materia prima de Galicia.