Lignus pellets baratos contacto
cluster biomasa

BIOMASA, A CALOR RENOVABLE

O mes de outubro, o Clúster de Biomasa de Galicia, organiza varios webinares dirixidos para instaladores de calefacción e arquitecturas e enxeñería.

Cada seminario en liña teñen unha duración de 4 horas e existen 3 datas dispoñibles para a inscrición. Ademais, realizarase unha visita presencial á fábrica de pellets Ecowarm en Brión – Santiago.

A continuación detallamos as datas e horarios de ambas tipoloxías:

Seminarios en liña para instaladores

Datas dispoñibles

Venres 8 e 15
16:00 a 20:00 h

Visita

Venres 22
16:00 a 20:00 h

Seminarios en liña para arquitecturas e enxeñerías

Datas dispoñibles

Luns 11
10:00 a 14:00 h

Luns 18
16:00 a 20:00 h

Visita

Luns 25
10:00 a 14:00 h

PROGRAMA

Gonzalo Piñeiro
TÉCNICO DO CIS MADEIRA (Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira de Galicia)

A biomasa como fonte de enerxía – combustibles e normas.

Diego Fernández
DIRECTOR TECNICO DE ÖkoFEN ESPAÑA

Distintas tipoloxías de instalacións con caldeiras de biomasa – unifamiliar, sector terciario e district heating.

Bruno De Miranda 
ENXEÑEIRO INDUSTRIAL ESPECIALISTA EN INSTALACIÓNS

A biomasa no RITE 2021 e CTE – aplicacións e posibilidades.

Liñas de axuda para as instalacións de biomasa ligadas á rehabilitación enerxética.