Mercado dos pellets en Galicia

Mercado dos pellets en Galicia

O mercado dos pellets en Galicia vai en aumento:

Cada vez hai máis familias que optan por un sistema de calefacción sostible. A biomasa é un dos combustibles máis baratos e ademais fáciles de prover.

Os pellets galegos de Lignus, están compostos por serrín e restos forestais prensados, madeira de orixe forestal e residuos de madeira sen tratar químicamente con baixos contidos en cinzas, nitróxeno e cloro, ademais teñen un gran poder calorífico.

Doutra banda, coa subida continua das enerxías tradicionais como a electricidade ou o gasóleo, a biomasa é a opción máis económica para quentar os nosos fogares, así colaboramos coa economía galega e co coidado do medio ambiente.

Se tes unha estufa ou caldeira de pellets, elixe o mellor pellet para xerar calor. Lignus Pellets de Galicia garánteche un pellet de gran calidade para non estragar o teu sistema de calefacción ao mellor prezo. Os nosos pellets están fabricados con altos estándares de calidade e con materia prima dos bosques de Galicia.

Os nosos pellets son 100% galegos, contamos co selo EN plus A1, o que avala a calidade dos nosos pellets galegos.