
Combustible ecolóxico
O pellet é unha fonte natural de enerxía, por iso, é denominado un combustible ecolóxico, entre os seus beneficios está o seu alto poder calorífico, ademais procede de residuos do mercado da madeira, é considerado un combustible limpo, que respecta ao medio ambiente, xa que, o CO2 que se libera cando se queima o pellet correspóndese exactamente coa cantidade que se producen durante a compostaxe da madeira. Así, a combustión de pellets implica un balance de CO2 neutro, mantendo o equilibrio na atmosfera.
Para fabricar os pellets de Lignus, comprímese ao máximo o serrín natural da industria da madeira galega, este serrín é comprimido cunhas máquinas que o selan a presión que aumentan o poder calorífico dos nosos pellets, non engadimos ningún aditivo, isto podémolo evidenciar no seu cheiro e cor.
Lignus Pellets de Galicia, están deseñados para calquera sistema de calefacción de pellets, xa sexa estufa ou caldeira. Vendemos pellets en dous formatos:
Pellets a granel, se contas con un silo, téxtil ou de obra, adecuado para o seu almacenamento.
Pellets en sacados, ideais para pequenos sistemas de calefacción, como estufas ou caldeiras con enchido manual.



