PELLETS CERTIFICADOS

Lignus Pellets de Galicia conta co Selo EN plus® de AVEBIOM e certificado por AENOR

pellets certificados galicia

 Lignus Pellets de Galicia é unha marca baseada na excelencia do seu produto e servizo, seguimos o exemplo dos métodos de traballo de mercados maduros como o alemán e o austriaco, por iso garantimos a calidade do noso produto.

O noso pellet conta cun alto poder calorífico e unha calidade insuperable, o que garante o coidado e a vida útil da túa caldeira ou estufa de biomasa.

Contamos co Selo EN plus® de  AVEBIOM (Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa) e certificado por  AENOR.

Para a túa calefacción aposta só por pellets de madeira certificados como os que lle ofrecemos en Lignus Pellets, así garantes un óptimo funcionamento.

Somos a primeira empresa comercializadora de pellets certificados en Galicia, o que garante a calidade do pellet no seu silo, mantendo intactas as características e propiedades dos pellets certificados co selo EN plus® A1.

pellets gallegos certificados

AVEBIOM é a entidade designada por o  European Pellet Council para desenvolver o sistema de certificación da marca EN plus® de calidade de pellets domésticos de madeira en España.

EN plus® certifica a cadea de subministración dos pellets de madeira ensacados ata o distribuidor final ou, no caso dos pellets de madeira a granel ata o consumidor final.

A obtención do selo EN plus® para Lignus, implica o noso compromiso nos estándares de calidade a nivel europeo e garante aos nosos clientes un servizo no sistema de subministración.

Vantaxes de quentar con pellets

De produción local e renovable.

Ao contrario do que sucede co gas, petróleo e uranio, a madeira é unha materia prima que estarán dispoñible para as próximas xeracións. Para a produción de pellets utilízase restos da industria madeireira, un combustible renovable

Os pellets son un combustible renovable.

Ao utilizar pellets como combustible,  mantémonos á marxe de crise e variacións do mercado internacional, ademais, contribuímos ao desenvolvemento económico local, creando novos postos de traballo.

Os pellets emiten CO2 neutral.

Desta maneira podes contribuír significativamente á redución dos gases nocivos para a atmosfera, axudando a protexer o medio ambiente.

Son limpos e fáciles de fornecer.

Pódense comprar en sacos de 15 Kg. ou contratar unha subministración completa de pellets a granel para toda a tempada por medio dun camión cisterna, ademais, os pellets necesitan soamente a metade de espazo de almacenamento que as achas de madeira.