Pellets: enerxía renovable

pellets opción más renovable
A biomasa é unha excelente opción para brindar calor nos fogares. Os pellets son unha fonte de enerxía renovable, Lignus Pellets de Galicia garante a sustentabilidade dos montes galegos.

Os pellets de Galicia son unha enerxía renovable e sostible

O IDEA (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) recomenda unha caldeira de biomasa, debido a que,  o seu combustible é máis barato, renovable e ecolóxico que os tradicionais. «A biomasa é unha excelente opción para a súa combinación con enerxía solar térmica para produción de auga quente, calefacción e aire acondicionado», segundo explícase na Guía da Enerxía deste organismo.

Tamén nos lembran que a mobilización de biomasa non supón unicamente a obtención dun combustible renovable, neutro en canto a emisións de CO2 e competitivo en prezo cos combustibles fósiles que se importan desde fóra de España, senón que tamén xoga un papel fundamental na mellora da xestión dos montes e no desenvolvemento socio-económico das áreas rurais españolas, e no caso de Lignus axudamos á sustentabilidade dos montes galegos, xerando postos de traballo e riqueza local.

Para a realización do noso pellet, utilizamos madeira de bosques de Galicia, madeira que posteriormente pasa por un proceso de secado natural para así obter un produto final de calidade.