Pellets para xerar calor sostible
Os pellets de madeira son un combustible moi versátil que ofrece unha solución sostible e rendible para xerar calor e electricidade na UE.
Segundo o último informe estatístico de Bioenergy Europe sobre o pellet. «A UE-28 necesita descarbonizar os combustibles para cumprir cos seus obxectivos climáticos a longo prazo. Os pellets, cuxo desenvolvo non depende da climatoloxía, son clave para atender ás distintas necesidades enerxéticas de Europa.»
Todas as estatísticas, estudos e análises realizados por diferentes entidades concordan con algo en común: Na UE produciuse en 2018 preto de 17 millóns de toneladas de pellets, un 10% máis que en 2017, nas fábricas estendidas por toda Europa, así mesmo a venda de pellets aumentou.
A gran vantaxe deste sector, é que a gran parte das fábricas crea postos de traballo en áreas rurais, utilizando materia prima local para a realización do pellets. No noso caso, Lignus fabrica os seus pellets en Galicia, con materia prima local, desta maneira brindamos un produto de calidade, promovendo o desenvolvemento rural e colaborando na prevención de incendios forestais que afectan a Galicia.
O pellet é a solución máis efectiva para xerar calor sostible e 100% renovable. As súas emisións son moi baixas, brindando unha calor confortable no seu fogar.