Xa temos WhatsApp Business

Xa temos WhatsApp Business

Xa contamos con Whatsapp Business

A partir de hoxe, para ofrecer un mellor servizo, estará dispoñible unha nova ferramenta de xestión en LIGNUS, que facilitará a comunicación entre nós.

Lignus WhatsApp Business é a nova ferramenta pensada para mellorar a comunicación entre os nosos clientes e estará habilitada no noso número de teléfono fixo 986 871 145.

Con este servizo de mensaxería, queremos mellorar as comunicacións cos nosos clientes.

Poderedes realizar os vosos pedidos de pellets, consultas relacionadas cos nosos produtos e servizos, solicitar os albarás,  facturas e outros servizos.

Lembra o número do servizo, 986 871 145, simplemente ten que engadir o número á súa lista de contactos e xa estaremos conectados.

Escanea o código Qr para contactar con Lignus Whatsapp Business