Climatización de piscinas con pellets

Piscinas con pellets

Dentro do sector deportivo, a enerxía renovable ten múltiples aplicacións, destacando a climatización de piscinas, tanto cubertas como ao aire libre, ditas instalacións requiren unha elevada cantidade de enerxía para poder manter a temperatura desexada todo o momento.

Cada vez son máis os que elixen empregar biomasa como combustible para a climatización de zonas comúns, por exemplo quentar as piscinas municipais cunha alternativa ecolóxica como son os pellets.

Un dos principais atractivos que ten quentar con pellets de Galicia, é que a enerxía que conteñen os pellets xeran o mesmo confort aforrando ata un 40% se as comparamos co consumo dunha caldeira de gasóleo ou doutra fonte de enerxía non renovable.

Para aproveitar ao máximo a instalación da caldeira de pellets, é recomendable que conte cun depósito de inercia adaptado ás necesidades do usuario. Desta maneira mellórase a eficiencia enerxética da caldeira, deste xeito redúcese o número de arranques e paradas.

Principais vantaxes de quentar unha piscina cunha caldeira de pellets:

Utilizar unha enerxía 100% renovable.

Maior rendemento das instalacións en comparación coas instalacións de combustibles fósiles.

Subministración de pellets estable e económico en comparación coas enerxías non renovables.

Fácil sistema de carga do combustible, e almacenamento dos pellets de madeira.

Garanten a máxima seguridade.